Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués (original) (raw)

O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués é unha base de datos léxica que permite o acceso rápido e cómodo a información contida en traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil.

O Tesouro permite consultar de xeito simple a información completa contida en obras lexicográficas e dialectais que non sempre son de fácil acceso para os investigadores. A información das fontes orixinais ofrécese completa e organizada a partir de variantes, lemas, clasificación semántica e localización. A información textual compleméntase cunha representación cartográfica da distribución xeográfica das formas.

O proxecto do Tesouro iniciouse en 2009 promovido polo Instituto da Lingua Galega (USC). Na actualidade colaboran nel 20 universidades de Galicia, Brasil e Portugal.

As buscas na base poden realizarse a partir das formas léxicas (variantes ou lemas), da localización (Galicia, Portugal e Brasil) ou do campo semántico co que se asocian.

O Tesouro continúa arrequentándose coa participación de todos os colaboradores. Desde 2014 a base de datos do Tesouro é accesible de maneira libre e gratuíta.

Forma de cita

Copiar

Álvarez, Rosario (coord.): Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. https://ilg.usc.gal/tesouro [Consultado: ]

@book{Tesouro, address = {Santiago de Compostela}, editor = {Álvarez, Rosario (coord.)}, booktitle = {Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués}, publisher = {Instituto da Lingua Galega}, url = {//ilg.usc.es/Tesouro/}, year = {2014} }

TY - ELEC BT - Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués ED - Álvarez, Rosario (coord.) PB - Instituto da Lingua Galega PY - 2014/// UR - //ilg.usc.es/Tesouro/ER -

<rdf:RDF xmlns:rdf="http://www.w3.org/1999/02/22-rdf-syntax-ns#" xmlns:rdfs="http://www.w3.org/2000/01/rdf-schema#" xmlns:owl="http://www.w3.org/2002/07/owl#" xmlns:gold="http://purl.org/linguistics/gold/" xmlns:cc="http://creativecommons.org/ns#" xmlns:dcterms="http://purl.org/dc/terms/" xmlns:vCard="" title="undefined" rel="noopener noreferrer">http://www.w3.org/2001/vcard-rdf/3.0#"> <rdf:Description rdf:about="//ilg.usc.es/Tesouro/"> dcterms:titleTesouro do léxico patrimonial galego e portugués dcterms:creatorÁlvarez, Rosario (coord.) dcterms:publisherInstituto da Lingua Galega dcterms:rightscopyright Instituto da Lingua Galega <dcterms:rightsHolder rdf:resource="" title="undefined" rel="noopener noreferrer">http://ilg.usc.es/"/> dcterms:issued2014-01-25 <dcterms:license rdf:resource="" title="undefined" rel="noopener noreferrer">http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/2.0/de/deed.en"/> cc:attributionNameTesouro do léxico patrimonial galego e portugués <cc:attributionURL rdf:resource="//ilg.usc.es/Tesouro/condicions.html"/>