Col (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Col (homónimos).

Col
Brassica oleracea Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Instancia de taxon Editar o valor en Wikidata Subclase de planta útil Editar o valor en Wikidata Nome curto B. oleracea Editar o valor en Wikidata Uso planta medicinalverdura Editar o valor en Wikidata Categoría taxonómica especie Editar o valor en Wikidata
Características Rusticidade da planta 6 Editar o valor en Wikidata
Conservación Datos insuficientes
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae OrdeBrassicales FamiliaBrassicaceae TriboBrassiceae XéneroBrassica Especie Brassica oleracea Editar o valor en WikidataL., 1753 Brassica oleracea Editar o valor en Wikidata
Localización Área de distribución República Popular da China Myanmar Provincia de Cantón Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/04ylr2 Editar o valor en WikidataOpenAlexC2777943035 Editar o valor en WikidataITIS23062 Editar o valor en WikidataOTT833642 Editar o valor en WikidataUICN170110 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns URL de xenoma secuenciado plants.ensembl.org… Editar o valor en Wikidata Descrito pola fonte Flora Reipublicae Popularis Sinicae, volume 33 (en) Traducir pp. 16 Zhiwu Mingshi Tukao (en) Traducir "Q107402356 Traducir"The Domestic Encyclopædia; Or, A Dictionary Of Facts, And Useful Knowledge "Domestic Encyclopædia (1802)/Sea-Cabbage (en) Traducir" Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Col, coella ou coia[1] son uns termos botánicos xerais que se refiren a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe nalgunhas zonas os nomes de coube e coubella.

A col brava é nativa da costa do sur e do oeste de Europa. Ten o seu cultivo unha tolerancia boa aos solos con alto contido de sal e xeso mais posúe unha intolerancia a outros contornos que a fan competir con outras plantas en inferiores condicións. Por esta razón o seu hábitat se reduce a solos de calcaria en cantís.

A Brassica oleracea é unha planta bienal que forma unha especie de roseta de follas durante o primeiro ano de cultivo, as follas desta variedade son sempre carnosas e teñen proteínas capaces de lles facer almacenar auga e nutrientes. No seu segundo ano, os almacéns de nutrientes fan que se forme unha inflorescencia amarela dun ou dous metros de altura.

Esta variedade foi cultivada durante centos de anos, e nun amplo abano de cultivos incluso repolo, verza, brócoli, coliflor e outras plantas recoñecíbeis dentro da mesma especie. Trátase dunha das plantas máis importantes para ser empregadas coma alimento humano. De acordo coa teoría do Triángulo da U, a B. oleracea está moi relacionada con outras cinco especies do xénero Brassica. Os grupos de cultivo de B. oleracea están agrupados en sete grupos de cultivo, dos cales o grupo da Acephala ten as variedades máis salvaxes ou bravas en aparencia:

Cómpre mencionar tamén o Brassicoraphanus ou Raphanobrassica, xénero híbrido entre o ravo e o repolo.

Algúns (en especial col de Bruxelas e brócoli) conteñen altos niveis de sinigrina que axudaría a previr o cancro de duodeno.

Diversos cultivos de Brassica oleracea, que inclúen a col de follas ou col verde, a col de Bruxelas, a col de Savoia e maila col verde chinesa.

Ademais, todos os innumerábeis táxones infraespecíficos descritos son meros sinónimos da especie [7].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para col.
  2. Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988.
  3. Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
  4. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991
  5. Para nunha (familia, comida, grupo, cousa) son ... É dicir son comida do mesmo tipo, son compatibles, casan ben. Pardo Bazán (Los pazos de Ulloa, 1886) utilizou esta expresión: " Las familias no podían ser mejores ni más para en una; las clases, iguales...". O refrán tamén corre en castelán: Coles y nabos para en una son entreambos.
  6. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  7. Brassica en The Plant List