Óso (original) (raw)

Non confundir con Oso.

Óso
systema skeletale ossa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Instancia de tipo de clase de estrutura anatómicaclase de entidade anatómicatipo de órgano Editar o valor en Wikidata Subclase de órgano animalproduto animalentidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata Parte de esqueleto Editar o valor en Wikidata Composto por óso longo pneumatized bone (en) Traducir membranous bone (en) Traducir óso endocondral osso sesamoide (pt) Traducir óso plano óso irregular óso curto accessory bone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata Estudado por osteoloxía Editar o valor en Wikidata
Características Desenvolvemento desenvolvemento óseo Editar o valor en Wikidata Contén partes da clase zona de órgano óseo anatomical line of bone (en) Traducir region of surface of bone organ (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións Dureza de Mohs 5 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/01b92 Editar o valor en WikidataMeSHD001842 Editar o valor en WikidataThesaurus do NCIC12366 Editar o valor en WikidataWordLiftdata.wordlift.io… Editar o valor en WikidataTA 98A02.0.00.000CIE-11657365008 Editar o valor en WikidataOpenAlexC2778606738, C2781451080, C2776350087, C2992191624 e C2993425544 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron "Q24450106 Traducir"Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron "Q24787017 Traducir"Encyclopædia Britannica "1911 Encyclopædia Britannica/Bone (en) Traducir" Editar o valor en Wikidata BNE: XX525056
Wikidata G:Commons C:Commons

Ósos do membro inferior do ser humano, en corte: fémur, rótula e tibia

Ósos humanos da extremidade superior

O óso é un órgano firme, duro e resistente que forma parte do endoesqueleto dos animais vertebrados. Está composto principalmente por tecido óseo, un tipo especializado de tecido conectivo constituído por células, e compoñentes extracelulares calcificados. Os ósos tamén posúen cubertas de tecido conectivo (periósteo) e cartilaxe, vasos, nervios, e algúns conteñen tecido hematopoético e adiposo (medula ósea).

Os ósos posúen formas moi variadas e cumpren varias funcións. Cunha estrutura interna complexa pero moi funcional que determina a súa morfoloxía, os ósos son lixeiros mais moi resistentes e duros.

O conxunto total e organizado das pezas óseas (ósos) conforma o esqueleto ou sistema esquelético. Cada peza cumpre unha función en particular e de conxunto en relación coas pezas próximas ás que está articulada. Os ósos no ser humano son órganos tan vitais como os músculos ou o cerebro, e cunha ampla capacidade de rexeneración e reconstitución. Porén, vulgarmente tense unha visión do óso como unha estrutura inerte, posto que o que xeralmente queda á vista son as pezas óseas —secas e libres de materia orgánica— dos esqueletos despois da descomposición dos cadáveres.

A constitución xeral do óso é a do tecido óseo. Aínda que non todos os ósos son iguais en tamaño e consistencia, de media a súa composición química é dun 25% de auga, 45% de minerais como fosfato e carbonato de calcio e 30% de materia orgánica, principalmente coláxeno e outras proteínas. Así, os compoñentes inorgánicos alcanzan aproximadamente 2/3 (65%) do peso óseo (e tan só un 35% es orgánico).

Os minerais dos ósos non son compoñentes inertes nin permanecen fixos, senón que son constantemente intercambiados e substituído xunto cos compoñentes orgánicos nun proceso que se coñece como remodelación ósea. A súa formación e mantemento está regulada polas hormonas e os alimentos inxeridos, que achegan vitaminas de vital importancia para o seu correcto funcionamento. Non obstante, non todas as partes do corpo teñen este tipo de tecido, como por exemplo o pene, orellas, seos e nariz.

É un tecido moi consistente, resistente aos golpes e presións pero tamén elástico, protexe órganos vitais como o corazón, pulmóns, cerebro etc., así mesmo permite o movemento en partes do corpo para a realización de traballo ou actividades establecendo o desprazamento da persoa. Forma o aparello locomotor orixinando a estrutura ósea ou esqueleto. É tamén un depósito de almacenamento de calcio e fósforo do corpo.

Os ósos compóñense dun tecido vivo chamado tecido conectivo. Os ósos clasifícanse como ósos curtos, longos, planos ou irregulares; por exemplo, os ósos das pernas e brazos son ósos longos, os da cara e vértebras son ósos curtos e os do cranio son ósos planos ou irregulares.

Os ósos posúen zonas con diferente densidade de tecido óseo que se diferencian macroscopicamente e microscopicamente en áreas de óso compacto e áreas de óso esponxoso, sen límites netos que as separen, pois continúan unha coa outra.

Interior dun óso compacto

O óso compacto forma a diáfise (a porción alongada dos ósos longos que queda no medio das epífises ou porcións distais deles). Aparecen como unha masa sólida e continua cuxa estrutura só se pode ver nun microscopio óptico. A súa matriz ósea mineralizada está depositada en laminiñas, entre estas están situadas as lagoas cos osteocitos (cada lagoa co osteocito chámase osteoplasto), desde cada unha irrádianse canalículos (condutiños moi delgados), ramificados que as comunican e permiten a nutrición dos osteocitos (recordemos que isto é importante, xa que os osteocitos encóntranse rodeados de matriz mineralizada que non permite a difusión de nutrientes ao osteocito). As laminiñas dispóñense de 3 formas:

Os canais de Havers comunícanse coa superficie exterior (periósteo) ou coa cavidade medular (endósteo) mediante uns canais transversais ou oblicuos chamados canais perforantes ou de Volkman. Estes posúen vasos sanguíneos máis grandes cós propios das osteonas. Nun microscopio óptico é difícil recoñecelos porque non se encontran rodeados de láminas concéntricas.

O óso esponxoso non contén osteóns, senón que as láminas intersticiais están de forma irregular formando unhas placas chamadas trabéculas. Estas placas forman unha estrutura esponxosa deixando ocos cheos da medula ósea vermella. Dentro das trabéculas están os osteocitos, os vasos sanguíneos penetran directamente no óso esponxoso e permiten o intercambio de nutrientes cos osteocitos. O óso esponxoso é constituínte das epífises dos ósos longos e do interior doutros ósos.

Ósos do esqueleto humano

Substancia fundamental. Compón o 10% da matriz orgánica, posúe unha concentración menor de glicosaminoglicanos (GAG) que a cartilaxe (ácido hialurónico, condroitín sulfato, queratán sulfato), é unha matriz acidófila (en parte debido ao coláxeno). Posúe proteínas exclusivas do óso como a osteocalcina unida á hidroxipatita. A osteopontina tamén unida á hidroxiapatita é similar á fibronectina.

Coláxeno. É o 90% da matriz orgánica, de tipo 1, posúe moitos enlaces intermoleculares, insoluble en disolvente e maior hidroxilación das lisinas.

Substancia inorgánica. Fosfato cálcico presente en forma de cristais de hidroxiapatita que aparecen a intervalos regulados de 60 nm a 70 nm ao longo das fibras . Tamén posúe citrato, bicarbonato, fluoruro, magnesio e ión sodio. O óso ademais posúe afinidade por substancias radioactivas que destrúen os seus compoñentes.

No tecido óseo maduro e en desenvolvemento, pódense diferenciar catro tipos de células: osteoproxenitoras, osteoblastos, osteocitos e osteoclastos. Os tres primeiros tipos son estadios funcionais dun único tipo celular. O proceso reversible de cambio dunha modalidade funcional a outra coñécese como modulación celular. Os osteoclastos teñen unha orixe hematopoética compartida coa liñaxe mononuclear-fagocítica. O estadio mitótico dos tres primeiros tipos celulares só se observa no estadio de célula osteoproxenitora.

Cando os osteoblastos entran nun estado de inactividade chámanse células de recubrimento óseo e poden revertelo para segregar citocinas ou matriz ósea.

Osificación endocondral (texto en inglés)

O óso fórmase por substitución dun tecido conectivo preexistente (a cartilaxe). Existen dous tipos de osificación: intramembranosa (ou directa) e endocondral (ou indirecta).

Os ósos posúen varias funcións no organismo humano, que enunciamos a seguir:

Os ósos poden clasificarse en función da súa morfoloxía do seguinte xeito:

Son aqueles ósos nos que predomina o eixo lonxitudinal sobre o resto. Na especie humana é o caso do fémur, do úmero, da tibia e o peroné. É dicir, predominan nas extremidades, tanto no membro superior coma no membro inferior. Os ósos longos posúen dous extremos denominados epífises, unha superior ou proximal e unha inferior ou distal. As epífises adoitan artellarse con outros ósos. Por exemplo, a epífise superior do úmero artéllase coa cavidade glenoide da escápula. Nas epífises insírense diversos músculos, que moven as diferentes articulacións. A zona entre as dúas epífises denomínase diáfise e ten no seu interior a medula ósea. Ao longo da diáfise insírense músculos e discorren arterias, veas fondas e nervios. Na separación entre diáfise e epífise hai un disco de tecido cartilaxinoso que permite o crecemento do óso a medida que a persoa crece ou require máis resistencia nesa área.

Son ósos con forma de cubo, no que non predomina ningún eixo sobre outro. É o caso dos pequenos ósos do carpo ou do tarso. Dentro dos ósos curtos hai dous casos especiais:

Son ósos nos que predomina o eixo horizontal sobre o resto de eixos. Por fóra posúen tecido óseo laminar (o áploe) e por dentro tecido esponxoso, o díploe. Os ósos que forman o cranio son ósos planos.

Son ósos que non se poden clasificar noutros grupos debido á súa forma. Son as vértebras e os ósos da faciana.

Os ósos poden formar diversos tipos de estruturas en función das súas necesidades:

O sistema esquelético está exposto a patoloxías de natureza circulatoria, inflamatoria, neoplásica, metabólica e conxénita, tal como os outros órganos do corpo. Aínda que non existe un sistema estandarizado de clasificación, os trastornos dos ósos son numerosos e variados.

As malformacións conxénitas dos ósos non son moi frecuentes, e polo xeral inclúen a ausencia dalgún óso —tal como unha falanxe— ou a formación de ósos adicionais como unha costela. Outras deformacións inclúen o sindactilismo, que é a fusión de dous dedos adxacentes; ou o aracnodactilismo, no que aparecen dedos coa aparencia dunha araña, asociado co síndrome de Marfan. A acondroplasia é o trastorno do crecemento óseo máis frecuente e a principal causa de ananismo.

Fractura de cadeira en paciente de 17 anos posterior á caída sobre unha escaleira.

Unha das afeccións óseas máis comúns é a fractura. Estas resólvense por procesos naturais, tras a aliñación e inmobilización dos ósos afectados. No proceso de cura, os vasos sanguíneos danados desenvolven unha especie de hematoma óseo que servirá como adhesivo e posteriormente irase formando un tecido fibroso ou conxuntivo composto por células chamadas osteoblastos, as cales crearán un calo óseo que unirá as partes separadas. Porén, a falta de tratamento ou de inmobilización pode ocasionar un crecemento anormal. Os métodos para acelerar a recuperación dun óso inclúen a estimulación eléctrica, ultrasóns, enxertos óseos e substitutos orgánicos con compostos cálcicos, tales como ósos de cadáveres, coral e cerámicas biodegradables.

A osteoxénese imperfecta é máis coñecida como a enfermidade dos ósos de vidro. É unha enfermidade conxénita que se caracteriza porque os ósos das persoas que a padecen parten moi facilmente, con frecuencia tras un traumatismo ou ás veces sen causa aparente.

Esta doenza está causada pola falta ou a insuficiencia de coláxeno, por causa dun problema xenético.

A osteoporose é o termo xeral para definir a porosidade do esqueleto causada por unha redución da densidade ósea. A osteoporose secundaria é a máis frecuente e asociada coa terceira idade, a menopausa e a actividade física reducida.