Caciquismo (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caciquismo
Imaxe
Subclase de clientelismo Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata Enciclopedia Galega Universal: 92067
Wikidata

O caciquismo[1] foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.

Caricatura satírica do semanario La Flaca que ironiza sobre a farsa electoral. Con Sagasta á fronte, aparece unha comitiva de caciques, sicarios, forzas da orde pública, labregos e obreiros prisioneiros e a manipulación das papeletas facendo votar aos mortos.

Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central.

«Mapa del caciquismo en España».[a]

Cita de Castelao sobre o caciquismo:

O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xusticia

En Galiza, o caciquismo ten unha longa historia[2], a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas.[3] Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís.[4]

A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela O anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.

  1. «…Áraba: Urquijo, Albacete: Ochando, Alacant: Capdepón, Almería: Navarro Rodrigo, Ávila: Silvela. Badaxoz: Gálvez Holguín. Baleares: Maura. Barcelona: Comillas. Burgos: Liniers. Cáceres: Camisón. Cádiz: Auñón. Canarias: León y Castillo. Castellón: Tetuán. Cidade Real: Nieto. Córdoba: Vega Armijo. A Coruña: Aureliano Linares Rivas. Cuenca: Romero Girón. Xirona: Llorens. Granada: Aguilera. Guadalajara: Romanones. Guipúscoa: Sánchez Toca. Huelva: Monleón. Huesca: Castelar. Lleida: Duque de Denia. Logroño: Salvador. Lugo: Benigno Quiroga Ballesteros. Madrid: La bola de Gobernación. Málaga: Romero Robledo. Murcia: García Alix. Navarra: Mella. Ourense: Gabino Bugallal. Oviedo: Pidal. Palencia: Barrio y Mier. Pontevedra: José Elduayen. Salamanca: Tamames. Santander: Eguillor. Segovia: Oñate. Sevilla: Ramos Calderón. Soria: Vizconde de los Asilos. Tarragona: Bosch y Fustegueras. Teruel: Castel. Toledo: Cordovés. Valencia: Jimeno. Valladolid: Gamazo. Viscaia: Martínez Rivas. Xaén: Almenas. León: Gullón. Zamora: Requejo. Zaragoza: Castellano.»

Referencias

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caciquismo.
  2. Caciquismo[_cando?_], artigo de Juan Luis Pintos, da USC (en castelán).
  3. Marcos J. Román (15/1/2009). "Xornal obtiene pruebas de que los muertos pueden votar en Galicia". Xornal de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04/03/2011. Consultado o 03/09/2018.
  4. ""Prácticas caciquís" nos ceses e nomeamentos para os centros de formación do profesorado" (30/7/2009). Vieiros.