Galiformes (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galiformes
Galliformes Coenraad Jacob Temminck 1820 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Instancia de taxon Editar o valor en Wikidata Categoría taxonómica orde Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoaReinoAnimaliaSubreinoBilateriaFiloChordataSuperordeDinosauriaClaseAvesOrde Galliformes Editar o valor en WikidataTemminck, 1820 Galliformes Editar o valor en Wikidata
Datas Data de comezo hai 55 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Localización Área de distribución Brasil Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/01295w Editar o valor en WikidataMeSHD046094 Editar o valor en WikidataOpenAlexC2780038584 Editar o valor en WikidataITIS175693 Editar o valor en WikidataOTT837585 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron "Q24460747 Traducir"The Encyclopedia Americana "The Encyclopedia Americana (1920)/Gallinæ (en) Traducir"Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron "Q24790294 Traducir"Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) "Q135653873 Traducir" Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Os galiformes[1] (Galliformes), comunmente chamados galináceas,[2] constitúen unha orde de aves neognatas que abrangue 283 especies.[3]

Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.

Son principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.

A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.

Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.

A ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.[4]

O nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).

Segundo as clasificacións de Clements,[3] e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019),[5] a orde dos galiformes clasifícase como segue:

Relacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).[6]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiformes.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galináceas.
  3. 1 2 Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  4. Order Galliformes Temminck 1820 Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  5. IOC World Bird List. Version 8.2
  6. Hackett Shannon J.; et al. (25 de xuño de 2010). "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History". Science 320. Consultado o 31 de marzo de 2009.