Latakia (original) (raw)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
اللاذقية (ar) | |
---|---|
Localización | |
35°31′25″N 35°47′30″L / 35.5236, 35.7917 | |
País | Siria |
Gobernación | Gobernación de Latakia |
District of Syria (en) | Latakia District (en) |
Subdistrict of Syria (en) | Lattakia Subdistrict (en) |
Capital de | Alauíta (pt) Gobernación de Latakia Latakia District (en) |
Poboación | |
Poboación | 700.000 (2009) (12.068,97 hab./km²) |
Xeografía | |
Superficie | 58 km² |
Altitude | 0 m |
Datos históricos | |
Precedido por | Laodicea (en) |
Evento clave13 de agosto de 2011Siege of Latakia (en) | |
Identificador descritivo | |
Prefixo telefónico | 041 |
Outro | |
Irmandado con | Sousse Corfú Xénova Famagusta Adén Constancia Rimini Mersim (pt) Gazimağusa Municipality (en) |
Sitio web | elatakia.sy |
Latakia[1] (en árabe: اللاذقية, Al-Lādhiqīyah [el.laːdˈʔɪjje, -aːðˈqɪjja]) é unha localidade costeira de Siria, situada ao norte do Líbano, capital da provincia homónima. A súa poboación estímase en 554.000 habitantes. Deles, aproximadamente, o 50% son de relixión alauí, o 30% cristiáns e o 20% musulmáns sunnitas.
Ten moitos motivos para ser famosa, entre eles o de dar nome a un tipo de tabaco, quizais o tabaco turco máis coñecido, que entra na composición de mesturas para fumar en pipa. É un tabaco de aroma forte e seco, que lembra a alimentos salgados e afumados. Ademais, a cidade foi o lugar natal do expresidente Hafez al-Assad.
É sede da Arquidiocese Metropolitana de Latakia do Patriarcado de Antioquía.
Foi fundada no século IV a. C. co nome de Laodicea (en grego: _Λαοδικεία_o) por Seleuco I Nicátor en honra á súa nai Laodice**.** En latín foi coñecida como Laodicea ad Mare. O nome orixinal sobrevive na forma árabe como al-Ladhiqiyyah (en árabe: اللاذقية), do que procede do francés Lattaquié e do inglés Latakia.
Notas
- ↑ "Latakia". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1200. ISBN 978-84-8288-942-9.