Linguas araucanas (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguas araucanas
Instancia de familia lingüística Editar o valor en Wikidata Subclase de linguas indíxenas de Américalinguaxe humana Editar o valor en Wikidata
Clasificación lingüística
linguaxe humanalingua indíxenalinguas indíxenas de América Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/05fc907 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As lingua araucanas[1] son unha pequena familia de linguas que agrupa linguas indíxenas faladas no centro de Chile e nas áreas circundantes na Arxentina. Os representantes vivos desta familia son o mapuche (ISO 639-3: arn) e o huilliche (ISO 639-3: huh), faladas respectivamente polos pobos mapuche e huilliche. Estas linguas son ás veces consideradas dialectos diverxentes dunha soa lingua illada.

No 2007, estimouse que había 200 000 falantes de mapuche en Chile e 40 000 máis na Arxentina. O huilliche é unha lingua moribunda que só é falada por unhas poucas persoas de idade avanzada.[2]

Linguas araucanas vivas

Lingua mapuche

Lingua huilliche

Jolkesky (2016) sinala que hai semellanzas léxicas coa lingua kunza, a lingua mochica, as linguas uru-chipaya, as linguas arauacas, as linguas pano, as linguas hibito-cholón e as linguas quechuas polo contacto entre elas.[3]

Clasificación interna das linguas araucanas segundo Mason (1950):[4]

Araucano

Clasificación interna das linguas araucanas segundo Jolkesky (2016):[3]

(† = extinta)

Mapuche

Loukotka (1968) enumera os seguintes elementos de vocabulario básico para as variedades de lingua mapuche (araucano).[5]

Termo Mapuche Picunche Pehuenche Huiliche Chilote Ranquelche
un kiñe kiñe kiñe kiñe kenge kiñe
dous epu epue epu epu epo epú
tres küla kela kela kila köla kʔla
cabeza longko lonko rlonko lonkó
man kúü kuü ghechu keñeu
auga ko ko ko ko ku go
sol antu antü ante ante ánte ant'ü
lúa kuyen küyén küyen kiyen kién kiyet
millo voe wa wa waká wa
paxaro gunún üñem küñüm giñum trarú
can thehua thewa thewa trehua cheuá
xaguar nahuel nahuel nawel nahuel naue
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para araucano.
  2. "Huilliche".
  3. 1 2 Jolkesky, Marcelo Pinho De Valhery. 2016. Estudo arqueo-ecolinguístico das terras tropicais sul-americanas. Ph.D. dissertation, Universidade de Brasilia.
  4. Mason, John Alden (1950). "The languages of South America". En Steward, Julian. Handbook of South American Indians 6. Washington, D.C., Government Printing Office: Smithsonian Institution, Bureau of American Ethnology Bulletin 143. pp. 157–317.
  5. Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center.