Neognatos (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neognatos
Neognathae William Plane Pycraft (pt) Traducir 1900 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Instancia de taxon Editar o valor en Wikidata Categoría taxonómica infraclaseSubclase Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoaReinoAnimaliaFiloChordataOrdeSaurischiaClaseAvesInfraclase Neognathae Editar o valor en WikidataPycraft, 1900 Neognathae Editar o valor en Wikidata
Datas Data de comezo hai 120 millóns de anos Editar o valor en Wikidata Período de aparición Cretáceo Superior Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/0c4n2v Editar o valor en WikidataOTT241846 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Os neognatos (Neognathae; do grego ‘mandíbulas novas’) son unha das dúas superordes de aves dentro da subclase Neornithes. Neognathae contén practicamente todas as aves vivas, a excepción das pertencentes ao seu taxon irmán (a outra superorde vivente: Palaeognathae), que contén a familia das Tinamidae e as non voadoras Ratites (avestruces, emús etc.)

Hai cerca de 10.000 especies de neognatos desde finais do Cretáceo, de onde son os primeiros fósiles coñecidos, que sufriron unha radiación adaptativa, a cal produciu a diversidade de forma, función e comportamento que se ve hoxe. Dentro desta superorde encóntranse as paseriformes (aves de percha), o clado máis grande de vertebrados terrestres, o cal contén un 60% das aves que viven, e ten máis do dobre de especies que os roedores, e unhas 5 veces máis que os quirópteros (morcegos e raposos voadores), que son os clados máis grandes de mamíferos. Por outro lado, esta superorde contén algunhas ordes moi pequenas, polo xeral de aves de relacións filoxenéticas moi pouco claras, como o hoatzíns.