Pai (original) (raw)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Compre revisar estereotipos, obviedades e opinións, e achegar referencias de fontes acreditadasPor favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2017) |
|---|
| Pai |
|---|
| Instancia de parentesco |
| Historia Parte da serie Ahnentafel |
| Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary Encyclopædia Britannica "1911 Encyclopædia Britannica/Father (en) |
| Wikidata C:Commons |
Pai[1] (do latín pater, patris) é, nun contexto biolóxico, aquel ser vivo de sexo masculino que ten descendencia directa. O termo recíproco é «fillo». No caso dos mamíferos como o ser humano, o pai concibe ao seu fillo tras a cópula coa futura nai, resultando na reprodución sexual.
Comunmente o pai cumpre un rol moi importante dentro do desenvolvemento dos nenos, o título de pai tamén pode ser dado a aquel home que cumpra este papel sen estar emparentado biolóxicamente co neno ou nena. Maiormente isto ocorre con homes que adoptaron nenos ou con homes casados con mulleres que previamente procrearan descendencia. O termo tamén se pode referir a unha persoa á cal identifícaselle co estereotipo de pai. A determinación dos lugares atribuídos á paternidade foron imposicións sociais e culturais que forón cambiando co tempo.
Pai dando de beber ao seu fillo.
Anualmente celébrase o Día do Pai en moitas partes do mundo. Nos países católicos celébrase o 19 de marzo, festividade de San Xosé, pai putativo de Xesús de Nazaret. Noutros países celebrase o 19 de xuño.[2]
Un pai paseando o seu fillo.
O termo hebreo ʼav e o grego pa‧tḗr úsanse con varios sentidos: como proxenitor, cabeza dunha casa ou familia ancestral, antepasado, orixinador dunha nación, fundador dunha clase ou profesión, protector, orixinador de algo e como expresión de respecto.
En organismos asexuados, pai tamén pode significar nai, no caso dos organismos unicelulares que se reproducen por división, o pai é unha célula que se divide para producir células «fillas».
«Papá», «papa», «papi», «papito», «pa»... son expresións típicamente familiares utilizadas para referirse a un pai. Coloquialmente tamén se usa en varios países a expresión «o meu vello» para referirse ao propio pai.[_Cómpre referencia_]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pai.
- ↑ historia del Día del Padre Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)