Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si. O termo "galaxia" provén do latín galaxĭas, que deriva do grego γαλαξίας, que significa literalmente "leitoso", en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas, con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia. As galaxias categorízanse segundo a súa morfoloxía visual en elípticas, A maioría das galaxias son de entre 1000 ata 100 000 parsecs de diámetro e atópanse separadas entre elas a distancias da orde de millóns de parsecs (ou megaparsecs). O espazo entre galaxias contén un gas tenue cunha densidade media menor a un átomo por metro cúbico. A maioría de galaxias organízanse gravitacionalmente en asociacións coñecidas como agrupacións galácticas, cúmulos e supercúmulos. Nas maiores escalas estas asociacións distribúense xeralmente en forma de filamentos rodeados de baleiros inmensos. Outros artigos destacados • Artigos de calidade |
Sobre Galicia |
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade. A Real Academia Galega acordou dedicarlle en 2026 o Día das Letras Galegas. Outros artigos destacados sobre Galicia • O mes de maio na cultura popular galega |
Tal día coma hoxe no ano... |
1928, inaugúrase o primeiro servizo de transmisión de televisión, en Nova York. 1571, nace Niwa Nagashige, señor da guerra xaponés. 1904, nace Salvador Dalí (na imaxe), pintor (m. 1989). 1927, morre Juan Gris, pintor cubista español (n. 1887). 1981, morre Bob Marley, cantante xamaicano de reggae.Máis efemérides do día de hoxe • Outras Efemérides destacadas |