Ra (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ra (homónimos).

Ra
Ranidae Constantine Samuel Rafinesque 1814 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Instancia de taxon Editar o valor en Wikidata Categoría taxonómica familia Editar o valor en Wikidata
Sinonimia CeratobatrachidaeDicroglossidaeMicrixalidaeNyctibatrachidaePtychadenidaeRanixalidae
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoaReinoAnimaliaFiloChordataClaseAmphibiaOrdeAnuraSuperfamiliaRanoideaFamilia Ranidae Editar o valor en WikidataRafinesque, 1814 Ranidae Editar o valor en Wikidata
Datas Período de aparición Cretáceo Inferior Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/021csx Editar o valor en WikidataMeSHD011898 Editar o valor en WikidataITIS173433 Editar o valor en WikidataOTT364560 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte The Domestic Encyclopædia; Or, A Dictionary Of Facts, And Useful Knowledge "Domestic Encyclopædia (1802)/Frog (en) Traducir" Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ra é o nome galego para designar os anfibios anuros de varias familias, especialmente dos ránidos (Ranidae) e, máis especificamente, os membros do xénero Rana.

Para a xente non moi versada en herpetoloxía, todos os anuros de pel máis ou menos lisa, que dan grandes saltos e viven preto da auga, son ras, mentres que os de pel rugosa, corpo máis repoludo, movementos máis torpes, de hábitos máis terrestres, son sapos. Porén, de seguirmos no criterio filoxenético, veremos que a ra de Santo Antón ou rela (Hyla arborea), está moito máis emparentada co sapo común (Bufo bufo) que coa ra verde (Rana perezi).[1]

Porque para o común da xente a palabra sapo suxire un animal feo, de cor discreta, desagradábel, torpe e nocivo. O escaso interese que suscitan e a tradicional aversión do mundo rural por eles, propicia o descoñecemento das diferenzas entre especies, e todas son chamadas vulgarmente "sapos". En realidade, todas as especies de sapos que habitan en Galicia caracterízanse polo seu aspecto repoludo, coas patas traseiras curtas e a pel verrugosa en maior ou menor grao, a maioría de costumes nocturnos e bastante independentes da auga.[2] Pero non hai que esquecer que todas as especies galegas de sapos non son velenosas, e que noutras partes do mundo, hai "ras velenosas" (tamén "sapos velenosos"), e que hai sapos de cores rechamantes.

Reprodúcense por ovos, dos que nacen os cágados, tamén coñecidos como cullarapos, entre outros nomes.[3] O cágado é a larva dos anfibios, especialmente dos anuros como ras e sapos, que despois dunha metamorfose convértese en anfibio adulto. Xeralmente son larvas acuáticas, aínda que tamén hai algunhas terrestres.

En todo o mundo existen unhas 4 800 especies de ras. A maioría pasa a súa vida dentro ou preto da auga. O seu tamaño é variábel. Entre as máis pequenas ras encontramos o coquí (Eleutherodactylus coqui), de Porto Rico, mentres que a maior é a Conraua goliath (do Camerún e a Guinea Ecuatorial).

En Galicia hai catro especies de ras:

As ras habituais en Galicia teñen o dorso verdoso ou pardo, o abdome claro e os ollos saltóns. A palabra "ra" é un epiceno, carece de masculino: O sapo é un animal diferente.

Ra e insecto no río Umia.

Algunhas das especies denominadas "ras" son:

  1. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 177.
  2. Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 141.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cágado. Consultado o 14 de febreiro de 2017.