República dos Calmucos (original) (raw)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Хальмг Таңһч (xal) ![]() |
|
---|---|
![]() ![]() |
|
![]() |
|
Himno | Khalmg Tanghchin chastr ![]() |
Epónimo | Pobo calmuco ![]() |
Localización | |
![]() ![]() ![]() |
|
Estado | Rusia ![]() |
Capital | Elista ![]() |
Poboación | |
Poboación | 266.770 (2024) ![]() |
Lingua oficial | lingua rusa Lingua calmuca ![]() |
Xeografía | |
Parte de | Rusia europea Distrito Federal do Sur ![]() |
Superficie | 75.000 km² ![]() |
Comparte fronteira con | Óblast de Astrakán Krai de Stavropol Óblast de Rostov Óblast de Volgogrado Daguestán ![]() |
Creación | 16 de maio de 1992 ![]() |
Organización política | |
• Presidente da República ![]() |
Batu Khasikov (2019–) ![]() |
Órgano lexislativo | People's Khural of Kalmykia (en) ![]() ![]() |
Identificador descritivo | |
Fuso horario | Hora de MoscovaUTC+03:00Europa/Moscova ![]() |
ISO 3166-2 | RU-KL ![]() |
Identificador OKTMO | 85000000 ![]() |
Identificador OKATO | 85 ![]() |
A República dos Calmucos[1] (en ruso: Респу́блика Калмы́кия Respublika Kalmykiya; en calmuco, Hal'mg Tanghch) é unha república federal de Rusia. Segundo o censo de 2023, a súa poboación é de 264.200.[2]
É a única rexión de Europa onde o budismo é a relixión maioritaria.[3][4] É coñecida por ser o centro internacional do xadrez xa que o seu antigo Presidente, Kirsan Ilyumzhinov, é o xefe da "Federación Internacional de Xadrez" (FIDE).
A república está situada no sur da Rusia, ao norte do Cáucaso. O río Volga pasa polo leste da rexión. Outros ríos importantes son o Yegorlyk, o Kuma e mais o Manych. O lago máis grande é o Manych-Gudilo, aínda que tamén destacan o Sarpa e o Tsagan-Khak. O cume máis alto é o Shared, situado nos outeiros de Yergeni, con 221 metros de altura.[5][6] Trátase dunha área semidesértica.[2]
Entre os seus recursos naturais, atópanse o carbón, o gas natural e o petróleo.[2][7]
A temperatura media en xaneiro é de −2.7 °C, e a de xullo é duns 26.5 °C.[2] A precipitación anual media vai dos 170 mililitros no leste da república aos 400 no oeste.
Destaca a pequena vila de Utta, o lugar máis cálido de Rusia. No 12 de xullo do 2010, durante unha vaga de calor, bateuse o récord de temperatura máxima observada no país, 45.4 °C.[8]
A república conta cos saiga, un tipo de antílope que habita a rexión protexida da Reserva Natural das Terras Negras (ruso: Chórniye zemli Черные Земли).[9][10]
- ↑ "Entrada calmuco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Russia's federal constituent entities". Federation Council of the Federal Assembly of the Russian Federation (en inglés). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Tom Parfitt (21 de setembro de 2006). "King of Kalmykia". The Guardian. Consultado o 28 de marzo de 2001.
- ↑ Beyond, Russia (fev. 28, 2018). "Conheça a Calmúquia: único local da Europa em que o budismo é dominante". Russia Beyond BR (en portugués). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Kalmykiya - Autonomous Republic, Russia - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Republic of Kalmykia » Lakes" (en inglés). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Republic of Kalmykia » Mineral resources" (en inglés). Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Paula dying; Zambia records its hottest temperature in history - Category 6™". Weather Underground. Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Williams, Laura (2004). "Saga of the Saiga". National Wildlife Federation (en inglés). Consultado o 07-03-2024.
- ↑ "Importance of the Chernye Zemli State Reserve for the Conservation of the Northwest Pre-Caspian Saiga Population: History and Perspectives - Central Asian Mammals Initiative". www.cms.int. Consultado o 2024-03-07.