Taxon (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taxon
Imaxe
Instancia de metaclase de primeira ordeconcepto científico Editar o valor en Wikidata Subclase de clase de organismo Editar o valor en Wikidata Aspecto de clasificación científica Editar o valor en Wikidata Caracterizado por nome científico (pt) Traducirtaxonomic treatment (en) Traducirtipo nomenclatural Editar o valor en Wikidata Estudado por taxonomía Editar o valor en Wikidata
Implicados Usado por taxonomía Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/01cbjg Editar o valor en WikidataOpenAlexC71640776 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazónsEnciclopedia Galega Universal: 190868
Wikidata C:Commons

A clasificación xerárquica pode expresarse cun dendrograma, no que cada nodo representa un posible taxon e os taxons se agrupan nunha xerarquía de inclusión.

En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons. A ciencia que define aos taxons chámase taxonomía ou taxinomía.

A finalidade de clasificar os organismos en taxons formalmente definidos no canto de grupos informais, é a de prover grupos cuxa circunscrición sexa estrita ou cunha denominación con valor universal, independentemente da lingua empregada para a comunicación. Os taxons existen dentro dunha clasificación dada, suxeita a cambios onde poden presentarse discrepancias, o que obriga respecto a algunhas denominacións problemáticas a especificar o autor da clasificación en cuestión.

Para clasificar os organismos, a taxonomía utiliza desde Linneo un sistema xerárquico. Neste esquema organizativo, cada grupo de organismos en particular é un taxon, e o nivel xerárquico onde se sitúa é a súa categoría. De xeito análogo, en xeografía política: país, provincia e municipio serían categorías, mentres que Galicia, Lugo e Xove serían os taxons. Do mesmo modo: familia, xénero e especie son categorías taxonómicas, mentres que Rosaceae, Rosa e Rosa canina son exemplo de taxons desas categorías.

A taxonomía na actualidade. A cada taxon correspóndelle a súa categoría taxonómica.

En relación ao taxon especie, E. Mayr (1996) fai distinción entre "taxon" e "categoría taxonómica":

(1) O taxon especie. A palabra taxon fai referencia a un obxecto concreto, zoolóxico ou botánico, que consiste nunha poboación de organismos (ou un grupo de poboacións) clasificable. O pardal común (Passer domesticus) e a pataca (Solanum tuberosum) son taxons especie. Os taxons especie son particulares, "individuos" ou biopoboacións. Ao ser particulares, poden ser descritos e delimitados fronte a outros taxons especie. (2) A categoría especie. Aquí a palabra 'especie' indica o rango na xerarquía linneana. A categoría especie é a clase que contén todos os taxons do rango especie. Articula o concepto biolóxico de especie biolóxica e ven definida pola definición de especie. O principal uso da definición de especie é facilitar unha decisión sobre o rango das poboacións, é dicir, responder á pregunta que xorde diante dunha poboación illada: "¿Trátase dunha especie completa ou dunha subespecie?" [...]

Mayr 1996

A seguinte é unha lista xeral de categorías taxonómicas ás que se asocian os diversos taxons:

Hai que salientar que a asociación dun taxon a un rango determinado (categoría), é algo relativo e restrinxido ao esquema particular usado (sistema). Tanto é así, que é probable que un taxon ocupe categorías diferentes segundo os sistemas de clasificación (organizados por diferentes autores, criterios etc.); xeralmente, isto ocorre no ámbito das categorías que máis abarcan (familia, orde, clase etc.).

O status ontolóxico dos taxons é un dos asuntos máis discutidos na filosofía da bioloxía. Principalmente existen dúas correntes:

Existen dous tipos de taxons:

Chámase taxon monotípico ao que só contén un membro da categoría inmediatamente subordinada. Por exemplo, unha familia que só contén un xénero, sen que importe cantas especies conteña este.

A nomenclatura establece unha terminoloxía consensuada que permite saber, a partir do sufixo dun taxon calquera, cal é a súa categoría taxonómica e dar conta da súa posición na xerarquía sistemática. A seguinte táboa mostra esa nomenclatura:

Categoría taxonómica \ Reino PlantaPlantae AlgaProtista FungoFungi BacteriaProkaryota AnimalAnimalia
División o Phylum -phyta -mycota
Subfilo -phytina -mycotina
Clase -opsida -phyceae -mycetes
Subclase -idae -phycidae -mycetidae
Superorde -anae
Orde -ales
Suborde -ineae
Infraorde -aria
Superfamilia -acea -oidae
Familia -aceae -idae
Subfamilia -oideae -inae
Tribo -eae, ae -eae -ini
Subtribo -inae -ina
Xénero -us, -a, -um, -is, -os, -ina, -ium, -ides, -ella, -ula, -aster, -cola, -ensis, -oides, -opsis…

Por baixo da categoría de xénero, todos os nomes de taxons son chamados "combinacións". A maioría reciben tamén unha terminación latina máis ou menos codificada en función da disciplina. Distínguense varias categorías de combinacións: