Nadal (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.

Nadal
Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Instancia de festividade cristiádía festivo oficialfestivo federal Editar o valor en Wikidata Subclase de celebración Editar o valor en Wikidata Parte de Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa tempo de Nadal Editar o valor en Wikidata Composto por Noiteboa Segundo día de Nadal Día de Santo Estevo Día de Nadal Boxing Day Editar o valor en Wikidata Conmemora Nacemento de Xesús Editar o valor en Wikidata Alimentos asociados Plätzchen (en) TraduciralbóndegaChristmas ham (en) TraducirPinnekjøtt (pt) TraducirMedisterpølse (pt) Traducirpork belly (en) Traducircarne de pavoTurrónpolvoronpão de mel (pt) TraducirPudim de Natal (pt) Traducirsmalahove (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características Cor branco Editar o valor en Wikidata
Datas Día periódico 19 de xaneiro Patriarca Armênio de Jerusalém (pt) Traducir 25 de decembro Igrexa católica solemnidade 24 de decembro Dinamarca, Suecia, Alemaña Koiak 29 (en) Traducir Calendário copta (pt) Traducir 25 de dezembro na Igreja Ortodoxa (pt) Traducir Grandes Festas da Igrexa Ortodoxa calendario litúrxico ortodoxo 6 de xaneiro 7 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/01vq3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Enciclopedia de Otto "Vánoce"Enciclopedia Católica "Catholic Encyclopedia (1913)/Christmas (en) Traducir"The American Cyclopædia "The American Cyclopædia (1879)/Christmas (en) Traducir"The New Student's Reference Work "The New Student's Reference Work/Christmas (en) Traducir"Zedler, Großes vollständiges Universallexicon aller Wissenschaften und Künste "Q113117466 Traducir"Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) "Q112769119 Traducir"Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron "Q24483089 Traducir"Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron "Q24736660 Traducir"The Nuttall Encyclopædia Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary Wikitólica Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Representación do nacemento de Xesús (San Salvador de Meis, Pontevedra).

O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento'[1]) é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

A data orixinal de celebración do Nadal na tradición cristiá oriental era o 6 de xaneiro, xunto coa Epifanía, e segue a ser así no calendario litúrxico da Igrexa apostólica armenia, e festividade pública en Armenia. En 2013 hai unha diferenza de 13 días entre o actual calendario gregoriano e o calendario xuliano. Aqueles países e Igrexas que empregan o calendario xuliano (ou equivalentes) celebran, xa que logo, o Nadal e a Epifanía o 25 de decembro e o 6 de xaneiro respectivamente, que correspóndense co 7 e o 19 de xaneiro do calendario xuliano. Por esta razón Exipto, Etiopía, Eritrea, Rusia, Xeorxia, Ucraína, Serbia, Macedonia e Moldova celebran o Nadal cando no calendario gregoriano é o 7 de xaneiro. As Igrexas ortodoxas de Bulgaria, Grecia, Romanía, Antioquía, Alexandría, Albania, Finlandia e América celebran o Nadal o 25 de decembro no calendario xuliano revisado, que correspóndese tamén co 25 de decembro do gregoriano.

O Nadal ten a súa orixe nunha festividade pagá, cando a humanidade festexaba o solsticio de inverno, o nacemento da luz e con ela o revivir da terra e a garantía das vindeiras colleitas. A cultura romana adoptou as celebracións na mesma data. Posteriormente o cristianismo asimilou a data da celebración como día do nacemento de Cristo, mesturando ritos populares con outros novos. As celebración actuais mesturan, logo, ritos pagáns (tizón de Nadal, árbore de Nadal, Apalpador, Papá Noel...) con relixiosos (nacemento de Xesús, Belén, Día de Reis...)[2].

Imaxe dunha bóla nunha árbore de Nadal.

Segundo os Evanxeos, Xesús naceu en Belén de Xudea. Seus pais foron María e Xosé, estando estes de viaxe para seren rexistrados no censo romano. O nacemento de Xesús, de acordo cos seus seguidores, cumpría as profecías xudías sobre a chegada dun mesías que redimiría o mundo do pecado.

As súas orixes remóntanse ao espallamento da relixión cristiá no século II: os romanos celebraban o día 25 o Natalis Solis Invicti 'nacemento do sol invicto'; por outra banda, os pobos xermánicos celebraban unha festa pagá no solsticio de inverno. Ben puido ser que a Igrexa decidise facer coincidir as datas.

A noite do 24 de decembro a igrexa católica celebra a misa do galo que conmemora o nacemento de Xesucristo. Porén, nos países occidentais no último século celébrase o Nadal dende o 24 de decembro ata o día de Reis o 6 de xaneiro como unha festa de reunión familiar e cun compoñente comercial importante, perdendo en gran medida o espírito relixioso.

  1. "O Nadal en sete palabras". Portal das Palabras. Consultado o 22 de decembro do 2015.
  2. Artigo sobre o Nadal en Portal das Palabras