Desemprego (original) (raw)

1000 12/16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirección desde «Paro»)

Desemprego
Instancia de statusmodo de vida Editar o valor en Wikidata Subclase de estadoproblema social Editar o valor en Wikidata Caracterizado por taxa de desemprego (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata Oposto a employment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata Causa de pobrezaestrés psicolóxico Editar o valor en Wikidata
Implicados Practicado por desempregado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadoresFreebase/m/07s_c Editar o valor en WikidataMeSHD014478 Editar o valor en WikidataCIAP-2Z06 Editar o valor en WikidataOpenAlexC2994488168, C2993469481, C2778126366 e C2992540694 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Encyclopædia Britannica "1911 Encyclopædia Britannica/Unemployment (en) Traducir"Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron "Q24750960 Traducir"Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron "Q24343813 Traducir"Pax Leksikon Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Niveis de desemprego por países, marzo 2007.

O termo desemprego é sinónimo de desocupación ou paro. O desemprego ou paro está formado pola poboación activa (en idade de traballar) que non ten traballo. Non se debe confundir a poboación activa coa poboación inactiva. Existen tres tipos de desemprego (Samuelson) que en economías periféricas adoitan ser catro (desemprego estacional). Estes tipos de desemprego son o cíclico, o estrutural, o friccional e o estacional.

Desempregados esperando ofertas de traballo.

O tipo de desemprego máis nocivo é o desemprego cíclico. Neste caso as súas consecuencias poden levar a países cunha institucionalidade feble á violencia xeneralizada e finalmente a desobediencia civil. En países desenvolvidos a situación pode provocar volcos desde as políticas de Estado ata definitivamente a adopción dun sistema económico distinto so pena do debilitamento institucional. Un caso de desemprego cíclico foi a crise mundial de 1929.

Oficina de emprego de Pontevedra.

O desemprego estrutural corresponde tecnicamente a un desaxuste entre oferta e demanda de traballadores. Esta clase de desemprego é máis pernicioso que o desemprego estacional e o desemprego friccional. Nesta clase de desemprego, a característica da oferta adoita ser distinta á característica da demanda o que fai probable que unha porcentaxe da poboación non poida atopar emprego de maneira sostida. Polo anterior, os economistas ligados ó Estado non poden admitir que un país estea baixo este tipo de desemprego pois se trata dunha situación grave para unha poboación asalariada dun punto ou sector determinado. Ademais, nun contexto de libre mercado, súmase á crise das masas asalariadas a das medianas e pequenas empresas que non logran adaptar a súa resposta ás crise cíclicas do sistema capitalista nas que só os grandes conglomerados empresariais- holdings- poden funcionar.

Por outra banda, o factor tecnolóxico é un elemento a considerar permanentemente nas crises capitalistas. A fusión das empresas motrices do sistema (que incorren en monopolio) e o constante progreso tecnolóxico fai que a man de obra sexa menos requirida en alta tecnoloxía, desprazándose grandes masas cara a traballos informais ou de carácter precario.

As características principais que advirten dun desemprego de tipo estrutural son:

O desemprego friccional, en tanto, ocorre no tempo que transcorre entre cando unha persoa deixa ou perde un emprego e a súa posterior ocupación. O desemprego estacional refírese á perda de emprego por estacións. Isto ocorre en forma xeral nos temporeiros, que deben traballar en agricultura durante unha cantidade de meses para logo esperar ser recontratados nunha próxima temporada.