Bar (original) (raw)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tasca»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bar (homónimos).
Bar en Allariz.
Un bar[1] é un establecemento comercial aberto ao público, onde se serven bebidas, tapas de comida, etc., habitualmente tómanse de pé na barra ou en pequenas mesas con cadeiras.
Cando o seu carácter é máis modesto e popular, ou ben de estilo rústico, onde serven tanto bebidas como comidas, tamén se lle chama taberna, tasca ou baiuca.
A palabra "bar" provén da palabra latina "barra", utilizada no século XIII en Italia para indicar a barreira separadora nos tribunais de xustiza. Pronunciada en francés como barre, entrou en Inglaterra cos normandos e alí permaneceu na forma bar . A palabra chegou á Península a finais do século XIX.[2]
- ↑ "bar". academia.gal. Consultado o 2024.
- ↑ "¿Cuál es el origen de la palabra bar?". muyinteresante.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2022. Consultado o 15 de agosto de 2024.