sobre - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

sobre1

Preposición

  1. Indica que algo está pousado en, en contacto físico con.
    • Exemplo: Deixei as chaves sobre a mesa do despacho
      .
  2. Que está nun nivel máis elevado, sen estar pousado.
    • Exemplo: O falcón voaba sobre o preado
      .
  3. Acerca de.
    • Exemplo: Asistín a unha conferencia sobre o cambio climático
      .
  4. Indica unha localización temporal imprecisa, ou unha valoración aproximada de calquera outra magnitude.
    • Exemplo: Chegou sobre as seis. Ten sobre quince anos. Trae sobre un cento de repolos
      .
  5. Indica que un movemento se realiza arredor dun punto ou dun eixe.
    • Exemplo: A roda xira sobre o seu eixe
      .

Observacións

Termos relacionados

Substantivo masculino

sobre2(_sg: sobre; _pl: sobres)

  1. Bolsa plana de papel que se utiliza para facer envíos postais, gardar documentos, etc.
    • Exemplo: Mete cada carta nun sobre. Cómpre mercar sobres e selos. Mandei a felicitación de Navidad nun sobre.
  2. Bolsa de papel ou de plástico que contén unha materia en po.
    • Exemplo: Toma tres sobres de vitamina C ao día. Puxen un sobre de té no pocillo.

Traducións

1. Bolsa plana de papel que se utiliza para facer envíos postais

Categorías: