abrigo - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Substantivo masculino
abrigo (_sg: abrigo; _pl: abrigos)
- Acto ou efecto de abrigar.
- Lugar defendido do mal tempo.
- (Xeoloxía) Cova de pouca profundidade, ou entrante na parede rochosa que non chega a ser cova.
- Exemplo: Na Península Ibérica existen numerosos abrigos rochosos con mostras de pintura esquemática, datada no Calcolítico
.
- Exemplo: Na Península Ibérica existen numerosos abrigos rochosos con mostras de pintura esquemática, datada no Calcolítico
- Porto de refuxio.
- Peza de vestir longa para protexerse do frío.
- (Figurado) Socorro ou protección que se lle dá a alguén.