aducir - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

aducir

  1. Presentar probas ou argumentos que sirvan como xustificación ou defensa.
    • Exemplo: Aduciu que estaba afónico para non asistir a clase.
  2. (Fisioloxía) Mobilizar un membro cara ao plano medio do corpo, ou un dedo cara ao eixe da extremidade.
    • Exemplo: Despois do accidente, era incapaz de aducir o maimiño da man esquerda.

Traducións

Conxugación

Verbo semirregular da 3ª conxugación

Castelán

Verbo

aducir

  1. Aducir.