aeronave - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
![]()
Airbus A380, o avión de pasaxeiros máis grande do mundo
Helicóptero de evacuación médica
Substantivo feminino
aeronave (_sg: aeronave; _pl: aeronaves)
- Calquera vehículo capaz de navegar pola atmosfera terrestre, transportando persoas e/ou cousas, como os avións, helicópteros, dirixíbeis e globos aerostáticos.
- Exemplo: As aeronaves poden clasificarse segundo diferentes criterios, como o tipo de sustentación, da propulsión, o uso e outros.
Observacións
- Unha aeronave que pode voar máis alá da atmosfera terrestre denomínase aeronave espacial.
- As aeronaves con tripulación son pilotadas por un piloto a bordo, pero os vehículos aéreos non tripulados poden ser controlados a distancia, ou autocontrolados por computadoras a bordo.