ausencia - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Substantivo feminino
ausencia (_sg: ausencia; _pl: ausencias)
- Circunstancia de non estar algo ou alguén onde se espera ou desexa.
- Exemplo: A ausencia do mestre a primeira hora foi un duro golpe para os madrugadores alumnos.
- Sinónimos: falta.
- Antónimos: presencia.
- Tempo durante o que alguén está ausente.
- Non existencia [de algo].
- Exemplo: O caso desestimouse pola ausencia de probas.
- Sinónimos: falta.
- Antónimos: existencia.