barra - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

barra (_sg: barra; _pl: barras)

  1. Peza longa e delgada de metal ou outro material ríxido, polo xeral en forma de cilindro ou de prisma.
    • Exemplo: Ían armados con barras de aceiro. Co golpe rompeu a barra da bicicleta
      .
  2. Peza longa que hai nos bares ao longo do mostrador.
    • Exemplo: Pousou as mans na barra
      .
  3. Por extensión, taboleiro ou moble estreito que hai nos bares e cafetarías para servir o que piden os clientes.
    • Exemplo: O camareiro deixou as cervexas na barra
      .
  4. Peza de pan de forma alongada.
    • Exemplo: Gústame máis o molete ca a barra
      .
  5. Alimento sólido en forma de prisma.
    • Exemplo: Unha barra de xeado
      .
  6. Nube que se ve ás veces despois de poñerse o Sol.
    • Exemplo: Hoxe o ceo está cheo de barras
      .
  7. Banco ou baixo de area na desembocadura dun río, que fai perigosa a navegación.
    • Exemplo: O barco encallou na barra do río
      .
  8. Trazo delgado e oblicuo (/) que, nunha liña de escritura, serve para separar números, versos nun poema, etc.
    • Exemplo: Separar con dúas barras cada acepción
      .
  9. (Heráldica) Faixa que atravesa en diagonal o campo do escudo desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito.
    • Exemplo: As cinco barras dos Quiroga
      .