bispado - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Bispado de Lugo

Substantivo masculino

bispado (_sg: bispado; _pl: bispados)

  1. (Relixión) Territorio sobre o que o bispo exerce a súa autoridade.
    • Exemplo: O bispado de Lugo é o máis extenso de Galicia.
    • Sinónimos: diocese
    • Termos relacionados: arcebispado
  2. (Relixión) Dignidade de bispo.
    • Exemplo: O primeiro que fixo cando chegou ao bispado foi chamar á súa nai.
  3. (Relixión, Arquitectura) Edificio onde exerce as súas funcións o bispo.
    • Exemplo: Un exemplo de arquitectura neoclásica é o bispado da cidade.

Traducións

Categorías: