bispo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

San Pedro ordenando como bispo a Hermágoras

Bispo ou porco do mar (Scorpaena porcus)

Substantivo masculino

bispo (_sg: bispo; _pl: bispos)

  1. (Relixión) Membro do clero cristián dun grado superior ó dos sacerdotes da súa diocese, sobre a que ten autoridade.
    • Exemplo: A orde do bispo de Ourense de retirar o baldaquino do mosteiro de Oseira, en 1909, provocou a morte a tiros de nove veciños.
  2. (Alimentación) Bandullo do porco.
  3. (Ictioloxía) Peixe da familia Scorpaenidae, semellante ó escarapote.
    • Exemplo: Na praza de abastos vin esta mañá un bispo. Nunca vira tal peixe e mira que é feo.
    • Sinónimos: porco de mar
    • Nome científico: Scorpaena porcus

Termos relacionados

Traducións

Categorías: