código - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

código (_sg: código; _pl: códigos)

  1. (Dereito) Conxunto de normas legais que regulan unha materia determinada.
    • Exemplo: O Código civil
      .
  2. (Dereito) Recompilación sistemática de diversas leis.
    • Exemplo: Afonso X O Sabio ditou o código das sete partidas
      .
  3. Conxunto de normas que regulan un dominio ou aspecto determinados.
    • Exemplo: O código de circulación
      .
  4. Combinación de letras, números ou outros caracteres que ten un determinado valor nun sistema establecido.
    • Exemplo: O código dunha tarxeta de crédito
      .
  5. Sistema de signos e de regras que permite formular e comprender mensaxes.
    • Exemplo: Código secreto. Código lingüístico. Os ingleses, na Segunda guerra mundial, lograron descifrar o código dos alemáns
      .
  6. Conxunto de regras sobre calquera materia.
    • Exemplo: Un código de boas maneiras nas reunións sociais
      .
  7. (Informática) Sistema de símbolos con que se representa a información que vai ser tratada polos ordenadores.
    • Exemplo: Código binario
      .

Termos relacionados

Categorías: