cacha - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

cacha1

Substantivo feminino

cacha

  1. Parte carnosa da parte posterior das coxas.
    • Exemplo: Levei unha cuada que me deixou un negrón nas cachas.
    • Sinónimos: cu, nádega.
  2. Cada unha das dúas partes que hai cubrindo o mango dun coitelo ou navalla ou a culata dunha pistola.
  3. Casca.

Traducións

Parte carnosa da parte posterior das coxas

cacha2

Substantivo feminino

cacha

  1. Cabeza dunha persoa.
  2. Parte da cabeza que non ten cabelo.

cacha3

Substantivo masculino

cacha (_sg: cacha; _pl: cachas)

  1. Parte menor que sae da división doutra maior.
  2. Pataca cortada en anacos cocida sen pel.
  3. Pataca cortada cocida coa pel.

cacha4

Substantivo feminino

cacha

  1. Cachaba.

cacha5

Adxectivo

cacha (_ms: cacho; _mpl: cachos; _fs: cacha; _fpl: cachas)

  1. Feminino singular de cacho.

Categorías: