cadullo - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
- Pronuncia: [kaˈðuʎo̝] (AFI)
Substantivo masculino
cadullo (_sg: cadullo; _pl: cadullos)
- Parte dunha leira onde non chega o arado ─por non poder virar os bois─ que posteriormente se labra de través.
- Cada un dos sucos arados nun cadullo1.
- Franxa de terra sen cultivar que se deixa de lindeiro entre dúas leiras.
- Terrón compacto levantado ao arar a terra.
- Grumo formado ao callar unha substancia.