celeiro - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

celeiro (_sg: celeiro; _pl: celeiros)

  1. Almacén, hucha, local onde se gardaban as colleitas (cereais e outros produtos agrícolas).
    • Exemplo: Metín o rato no celeiro e fixose o meu herdeiro.
  2. Palleiro, construción cuberta e ventilada para gardar herba seca.
    • Exemplo: Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gado.
  3. Casa terrea, pobre e pequena, na que vivían as xentes máis humildes.
  4. Cortello, lugar coberto onde se gardan ovellas, porcos, etc.
    • Exemplo: Bacuriño no celeiro non quer compañeiro.
  5. Compartimento nas embarcacións pequenas, situado na popa, para garda-la pesca.

Sinónimos

Traducións