central - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

central
(_sg: central; _pl: centrais)

  1. Relativo ou pertencente ao centro.
  2. Que está situado no centro ou preto del.
  3. Que é o máis importante.
  4. Dise do lugar onde se cencontran a dirección ou os servizos dunha organización ou empresa.
  5. Dise de cada unha das diversas instalacións onde se produce, por diferentes medios, enerxía eléctrica.
  6. Dise do son que se articula coa lingua situada no centro da cavidade bucal, por oposición á anterior e e á posterior.

Termos relacionados

administración central, banco central, calefacción central, cilindro central, sistema nervioso central

Substantivo

central
(_sg: central; _pl: centrais)

  1. Instalación destinada á produción de enerxía eléctrica.
  2. Oficina ou establecemento principal dunha empresa ou institución
  3. Lugar ou recinto onde se reúnen os instrumentos e mecanismos de control de determinados servizos.

Termos relacionados

central eléctrica, central eólica, central fotovoltaica, central heliotérmica, central hidráulica, central mareomotriz, central nuclear