cobra - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

cobra1

Galego

Diferentes especies de cobras.

Substantivo feminino

cobra
(_sg: cobra; _pl: cobras)

  1. (Zooloxía) Réptil sen patas da suborde Serpentes, cun corpo delgado e longo, e lingua en forma de garfo.

Sinónimos

becha, bicha, serpe, cóbrega, serpente, ofidio, cobra rateira, cobra de escada, cobra riscada, cobra de colar, cobra de auga, cobra viperina, cobra de ferradura, cobra lagarteira meridional, cobra lisa meridional, cobra lagarteira común, cobra lisa común, cobra cega, cobra do mar, pan de cobra.

  1. (Zooloxía) Serpe velenosa da familia dos elápidos, habitante das zonas cálidas de Asia e África, que se caracteriza por despregar unha capucha aplanando as vértebras da cabeza cando están irritadas.

cobra2

Substantivo feminino

cobra
(_sg: cobra; _pl: cobras)

  1. (Literatura) Nas cantigas medievais galego-portuguesas, estrofa da lírica que constituía unha unidade poética e musical, integrada por un número variábel de versos.