continuo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

continuo (_ms: continuo; _mpl: continuos; _fs: continua; _fpl: continuas)

  1. Que dura ou se fai sen interrupción.
    • {{exemplo|Os obreiros do Concello fan un traballo continuo.
  2. Dito de dúas ou máis cousas, que están unidas entre si.
    • Exemplo: Dúas habitacións continuas
  3. Que se repite con moita frecuencia.
    • Exemplo: Os seus continuos cambios de humor acabaron por cabrearme.
  4. (Fonética) Son que se realiza cun paso continuo do aire.
    • Exemplo: Consoante continua
      .
  5. (Matemáticas) Dito dunha magnitude, que toma valores que non están separados uns de outros.
    • Exemplo: Magnitudes continuas.

Termos relacionados

baixo continuo, corrente continua, espectro continuo, fracción continua, función continua, movemento continuo, papel continuo, programa continuo, proporción continua, sesión continua.

Categorías: