costela - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

costela

Conxunto das costelas humanas (vista posterior)


singular plural
costela costelas
  1. (Anatomía) Cada un dos ósos longos e combados que forman a caixa torácica que protexe pulmóns e corazón.
  2. Por extensión, rexión das costas.
    • Exemplo: Por lacazán, levou unha manta de paus nas costelas.
  3. (Alimentación) Peza de carne procedente da musculatura que rodea as costelas, cunha parte destas.
    • Exemplo: Para comer, temos costela de vitela.
    • Sinónimos: costeleta.
  4. Tira de madeira que se utiliza para fabricar cestos, canizos do carro e útiles semellantes.
  5. (Mariña) Caderna dun barco.
  6. Trampa para cazar paxaros.
  7. (Figurado) Esposa, muller dun.

Traducións

Portugués

Substantivo feminino

costela (_sg: costela; _pl: costelas)

  1. Costela.