crecho - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Pronuncia: [ˈkɾe.t͡ʃʊ] (AFI)
Adxectivo
crecho (_ms: crecho; _mpl: crechos; _fs: crecha; _fpl: crechas)
- Que ten o cabelo rizo; crencho, crespo.
- (Por extensión) Referido ás follas dalgunhas plantas, engurrado e ríxido.
- (Por extensión) Referido ás persoas, especialmente anciás, con boa saúde; rexo, forte, rufo.
- (Figurado) Persoa alterada, enfadada.
- Rapaz agudo e listo.