escravo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

escravo
(_ms: escravo; _mpl: escravos; _fs: escrava; _fpl: escravas)

  1. Dise da persoa que carece de liberdade por estar baixo o dominio doutra.
    • Exemplo: Na antiga Roma os escravos cristiáns eran devorados polos leóns nos circos.
  2. Que está tan sometido a un deber, paixón, afecto, defecto etc., que está privado de liberdade.
    • Exemplo: É un escravo do alcohol.
  3. Dito dunha actividade, que exixe moito traballo.
    • Exemplo: O deporte de competición é moi escravo.

Substantivo feminino

escrava
(_sg: escrava; _pl: escravas)

  1. Pulseira sen adornos e que non se abre.
    • Exemplo: Polas vodas de prata regaleille á miña dona unha escrava de ouro.

Sinónimos

brazalete

Categorías: