fuste - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

fuste (_sg: fuste; _pl: fustes)

  1. (Arquitectura) Parte principal da columna, que se atopa entre o capitel e a base.
    • Exemplo: O fuste das columnas do estilo toscano é o único liso, sen estrías.
    • Sinónimos: cana.
    • Termos relacionados: tambor.
  2. (Apicultura) Pau colocado dentro dunha colmea tradicional, cruzado con outros, para que as abellas constrúan os favos.
  3. Pinzas de pau para coller os ourizos das castañas sen picarse.

Traducións