gaita - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

gaita (_sg: gaita; _pl: gaitas)

  1. (Música) Instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nun tubo perforado (punteiro), provisto de cana e inserido dentro dun fol, que é a reserva de aire. O aire entra no fol a través dun segundo tubo, que ten unha válvula que impide a saída do aire provisto polos pulmóns do gaiteiro. Este comprime co seu brazo o fol para manter a saída de aire con son (tempero).
  2. (Anatomía) Popularmente, pene.
    • Exemplo: Detivérono por andar coa gaita fóra diante dun colexio.

Véxase tamén

Traducións