inclinar - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

inclinar

  1. Desviar ou apartar algo da posición vertical ou horizontal.
    • Exemplo: Fillo, inclina a antena da televisión porque no se ve ben. O cabaleiro inclinou a cabeza para saudar á señora
      .
  2. (Figurado) Ser a causa de que alguén faga certa cousa.
    • Exemplo: A mala situación económica inclinoume a participar naquel negocio. Os amigos inclinárono á bebida
      .

Verbo intransitivo

  1. Perder algo a posición horizontal ou vertical.
    • Exemplo: O cadro do avó inclina á dereita
      .

Verbo pronominal

  1. Amosar preferencia por algo ou por alguén.
    • Exemplo: Inclínome polo teatro. A nai inclinábase polo fillo máis novo
      .
  2. Desviarse ou apartarse da posición vertical ou horizontal.
    • Exemplo: A barca inclinouse e envorcou. <Inclínate para recoller o paquete do chan
      .
  3. Baixar o tronco e a cabeza cara a adiante
    • Exemplo: O novo embaixador inclinouse para saudar ao rei
      .
  4. Propender a facer, pensar ou sentir algo.
    • Exemplo: Inclínome a crela
      .