manía - Wiktionary (original) (raw)

Contidos

Xeral

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

manía
(_sg: manía; _pl: manías)

  1. Costume raro que se practica en exceso.
    • Exemplo: Meu sogro ten manía persecutoria
  2. Gusto ou afección esaxerada por algo.
    • Exemplo: Meu fillo ten a manía do baile
  3. Aversión non fundada contra alguén.
    • Exemplo: O mestre tenme manía
  4. (Psiquiatría) Desequilibrio mental caracterizado por unha excitación ou axitación forte e obsesiva.
    • Exemplo: Manía persecutoria

Termos relacionados

manía depresiva, manía de grandeza, manía persecutoria

Categorías: