mancha - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

mancha
(_sg: mancha; _pl: manchas)

  1. Sinal que unha cousa fai nun corpo, xeralmente ensuciándoo ou botándoo a perder.
    • Exemplo: Teño n a camisa unha mancha de café.
  2. Pequena parte dunha superficie que te cor diferente que a dominante.
    • Exemplo: As manchas escuras que ten no pescozo son de nacemento.
  3. Enfermidade da pataca caracterizada pola presenza de partes de diferente cor no seu interior.
    • Exemplo: Este ano colleitamos moitas patacas con manchas.
  4. Conxunto de plantas que poboan un terreo, diferenciándoo dos próximos.
    • Exemplo: No bosque de piñeiros hai unha mancha de sobreiras.
  5. Motivo de vergoña para unha persoa.
    • Exemplo: É un home sen mancha.

Sinónimos

mácula

Termos relacionados

mancha branca, mancha catódica, mancha cribosa, mancha iónica, mancha ocular, mancha solar

Categorías: