manexar - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Pronuncia: /maneˈʃaɾ/ (AFI)
Verbo pronominal
manexarse
- Ter aptitude ou capacidade para algo que presenta dificultades.
- Sinónimos: defenderse, desenvolverse.
Verbo transitivo
manexar
- Facer uso de [algo] coas mans.
- Facer uso de [algo] con frecuencia.
- Tratar [un asunto] do xeito que máis convén a un mesmo, sen ter en conta os dereitos ou opinións dos demais.
- Facer que [alguén] actúe segundo os intereses dun mesmo en lugar dos seus intereses propios.
Traducións
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación