nada - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo indefinido

nada

  1. Ningunha cousa.
    • Exemplo: Non trouxo nada da súa viaxe
      .
  2. Calquera cousa, especialmente se é pouco importante.
    • Exemplo: Preocúpase por nada.
  3. Ningunha cantidade.
    • Exemplo: Non comeu nada de pan.

Sinónimos

ren, res

Antónimos

algo, todo

Adverbio

nada

  1. En ningunha cantidade, ou moi pouco.
    • Exemplo: Non fala nada. Aínda non hai nada que andaba por aí.

Antónimos

algo, todo

Substantivo masculino

nada

  1. A non existencia.
    • Exemplo: Provir do nada
      .
  2. Pequena cantidade de algo.
    • Exemplo: Fáltalle un nada de sal á comida
      .

Termos relacionados

de nada, en menos de nada, máis nada, nada de nada, nada diso, nada máis, quedar en nada, un case nada, un nada