orde - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino singular

orde (_sg: orde; _pl: ordes)

  1. Organización, disposición das cousas ou persoas no lugar que lles convén.
  2. Sistema para facer algo.
  3. Categoría na que se clasifica as cousas ou persoas.
  4. Situación social de estabilidade en que son respectadas as institucións e as leis.
  5. Sistema de leis, institucións etc., que rexen a organización política, xurídica, económica etc., dunha sociedade.
  6. Grupo de persoas sometidas a certas regras profesionais ou morais.
  7. Obriga de facer algo imposta por alguén.
  8. Cada unha das institucións civís ou militares creadas para premiar por medio de condecoracións ás persoas con méritos relevantes.
    • Exemplo: Orde de Afonso X o Sabio
      .
  9. (Arquitectura) Sistema de relacións fixas entre os elementos dun edificio, polo que se clasifican os diferentes estilos na arquitectura.
    • Exemplo: A orde corintia
      .
  10. (Bioloxía) En bioloxía, categoría taxonómica situada entre a clase e a familia.
  1. (Catolicismo) Sexto sacramento da Igrexa católica polo que son instituídos os sacerdotes.
  1. (Catolicismo) Un dos graos dentro da xerarquía clerical católica.
  1. (Relixión) Asociación de persoas unidas por votos de relixión que seguen unha regra común.

Termos relacionados

Categorías: