ovo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Ovo de galiña.

Substantivo masculino

ovo (_sg: ovo; _pl: ovos)

  1. (Bioloxía) Cigoto: célula resultante da fecundación da célula reprodutora feminina (ovocito) pola célula reprodutora masculina (espermatozoide). É o primeiro produto da reprodución sexual.
  2. (Bioloxía) Corpo producido polas femias dos animais ovíparos, formado polo ovocito, normalmente fecundado, máis diferentes substancias nutritivas das que se alimentará o embrión no seu desenvolvemento.
  3. (Alimentación) O anterior pero referido unicamente ós utilizados na alimentación humana. Se non se especifica outra cousa enténdese o procedente da galiña, pero tamén se consomen ovos de pata, paspallás e, noutras latitudes, doutras especies de aves.

Traducións

Castelán

Verbo intransitivo

ovo

  1. Definición impropia: primeira persoa do singular, presente do indicativo do verbo ovar.

Italiano

Substantivo masculino

ovo (_sg: ovo; _pl: ova)

  1. Ovo.

Variantes

Portugués

Substantivo masculino

ovo (_sg: ovo; _pl: ovos)

  1. Ovo.