perfil - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  1. Contorno ou liña que limita a figura exterior de algo ou dalguén.
  2. Contorno da cara dunha persoa vista de costado.
  3. Conxunto de trazos que definen o carácter ou a condición de algo ou alguén.
  4. Cada un dos trazos máis finos dunha letra manuscrita ou impresa.
  5. Conxunto dos trazos propios que caracterizan a alguén ou a algo.
  6. Nunha rede social, identidade dun usuario.
  7. Espazo virtual asociado a cada perfil dunha rede social, na que o usuario publica e comparte información.
  8. Deseño especial dunha cousa para que cumpra unha determinada función real, ou con carácter unicamente ornamental.
  9. En topografía, tarazado topográfico.
  10. (Tecnoloxía) Barra metálica, de aceiro ou aluminio, de perfil especial e de sección constante, que se obtén por laminación, extrusión ou estiramento cuxa sección transversal ten diversas formas, tales como simples tes, dobres tes, cadradas, redondas, rectangulares, triangulares, etc.
  11. (Xeografía) Gráfico que representa as fases ou os estadios da evolución no estudo dos vales fluviais.

Termos relacionados

de perfil, medio perfil, perfil de equilibrio, perfil hidráulico, perfil lonxitudinal