santo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

santo (_ms: santo; _mpl: santos; _fs: santa; _fpl: santas)

  1. (Relixión) Que ten carácter sagrado, en relación con Deus ou coa relixión.
    • Exemplo: A restauración da Porta Santa da Catedral de Santiago.
    • Exemplo: Santo Cristo de Fisterra, santo da barba dourada, axúdame a remontar a Laxe de Touriñana.

Galego

Estatua de Santa Lucía
(Museo da Catedral de Ourense)

Substantivo masculino

santo (_ms: santo; _mpl: santos; _fs: santa; _fpl: santas)

  1. (Relixión) Persoa que se distinguíu pola súa virtude e milagres, á que a Igrexa declara merecedora de culto.
    • Exemplo: Santa Lucía é a avogosa das enfermidades da vista.
    • Observacións: Cando o nome do santo comeza por vogal utilízase a forma santo (Santo Antón), cando comeza por consonante utilízase a forma san (San Cristovo)
  2. (Relixión) Pintura ou escultura que representa un santo.
    • Exemplo: As térmites acabaron coa imaxe dun dos santos do retablo.
  3. (Figurado) Persoa de bondade extrema.
    • Exemplo: O meu home era un verdadeiro santo.

Termos relacionados

Traducións

Categorías: