substantivo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

substantivo (_ms: substantivo; _mpl: substantivos; _fs: substantiva; _fpl: substantivas)

  1. (Gramática) Que funciona como un substantivo ou que presenta as características deste.
    • Exemplo: Un demostrativo con valor substantivo.
  2. Substancial, que constitúe o máis importante de algo.
    • Exemplo: Preparou a reunión para centrala nas cuestións substantivas.

Substantivo masculino

substantivo (_sg: substantivo; _pl: substantivos)

  1. (Gramática) Clase de palabras que denotan entidades, sexan estas seres vivos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos, que presenta morfemas de xénero e número de seu e que ten como función básica a de ser núcleo da frase nominal.
    • Exemplo: Clasificación dos substantivos
      .

Categorías: