Cubo (original) (raw)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cubo (homónimos).
Representación dun cubo.
En xeometría, un cubo ou hexaedro regular é un obxecto sólido e tridimensional formado por seis caras cadradas, con tres que se xuntan en cada un dos vértices. O cubo forma parte dos cinco sólidos platónicos, é dual co octaedro e posúe simetría cúbica (ou simetría octaédrica). O hexaedro regular está formado por seis caras, oito vértices e doce arestas.
Para un cubo con centro na orixe de coordenadas, con arestas paralelas aos eixes e cunha lonxitude de 2, as coordenadas cartesianas dos vértices son
(±1, ±1, ±1)
mentres que o interior está formado por todos os puntos (_x_0, _x_1, _x_2) con −1 < x i < 1.
Para un cubo de lonxitude a de aresta:
| área da superficie | 6 a 2 {\displaystyle 6a^{2}} |
|---|---|
| volume | a 3 {\displaystyle a^{3}} |
| diagonal da cara | 2 a {\displaystyle {\sqrt {2}}a} |
| diagonal espacial | 3 a {\displaystyle {\sqrt {3}}a} |
| raio da esfera circunscrita | 3 2 a {\displaystyle {\frac {\sqrt {3}}{2}}a} |
| raio da esfera tanxente coas arestas | a 2 {\displaystyle {\frac {a}{\sqrt {2}}}} |
| raio da esfera inscrita | a 2 {\displaystyle {\frac {a}{2}}} |
| ángulos entre as caras (en radiáns) | π 2 {\displaystyle {\frac {\pi }{2}}} |
Dado que o volume dun cubo é a terceira potencia dos seus lados, a × a × a, a esta terceira potencia chámaselle tamén cubo, por analoxía co cadrado, que é a segunda potencia.