Damas (original) (raw)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo é demasiado curto Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda ampliando a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde novembro de 2024.)
Damas
Imaxe
Instancia de deporte infividualxogo deportivoxogo de taboleiro Editar o valor en Wikidata Subclase de deporte mentalxogo de estratexia abstracto Editar o valor en Wikidata Medio usado draughts board (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados Practicado por jogador de damas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PatrimonioInventario Nacional de Patrimonio Cultural en MalaisiaData10 de maio de 2012
Códigos e identificadoresFreebase/m/0gwfm Editar o valor en WikidataMathWorldCheckers Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron "Q24504307 Traducir"Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) "Q112773052 Traducir"Encyclopædia Britannica "1911 Encyclopædia Britannica/Draughts (en) Traducir, 1911 Encyclopædia Britannica/Checkers (en) Traducir"Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) "Q104720865 Traducir"Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron "Q24737518 Traducir"Enciclopedia de Otto "Dáma"Dicionario enciclopédico de escritorio "Q105830514 Traducir" Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As damas é un xogo de mesa para dous xogadores.

Este xogo creouse en España durante o século XV. É unha variante do alquerque xogada nun taboleiro de xadrez.

Para xogar ás damas utilízase un taboleiro cadrado de 8 filas e columnas igual ó do xadrez. Cada xogador dispón de 12 fichas dunha mesma cor distinta á do contrario. Ó comezo da partida, as fichas de cada xogador estarán nos lados opostos do taboleiro, colocadas nas 3 primeiras filas sobre as casas negras. A casa inferior dereita debe ser de cor negra.

Os movementos realizaranse por quendas. En cada quenda un xogador poderá mover unha ficha unha posición en diagonal avanzando cara o lado do opoñente, sempre que esa posición non estea ocupada por ningunha outra ficha. Para eliminar as pezas do contrario, deberá saltalas desde unha posición anterior na diagonal a unha posición libre inmediatamente posterior. Só en caso de comer unha ficha do opoñente, o mesmo xogador poderá seguir saltando coa mesma que utilizou nese primeiro movemento do seu quenda, sempre que a disposición das pezas no taboleiro llo permita.

Cando a ficha dun xogador alcance a última fila do lado contrario, esa ficha será dama (é habitual pór unha da mesma cor sobre ela para indicalo) e poderá moverse varias posicións en diagonal. Será obrigatorio comer a ficha do contrario se é posible (en caso de non facelo, a ficha será soprada - eliminada - por non comer) e, en caso de poder comer con varias fichas será sempre obrigatorio comer a maioría.

A partida finalizará cando un xogador quede sen fichas (sendo este o perdedor)ou tamén cando non hai máis movementos posibles.