Legume (original) (raw)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Legume |
|---|
| Subclase de cultivoalimentoalimento duradeiro |
| Pegada hídrica 4055 m³/t1.19 l/kcal |
| Códigos e identificadoresFreebase/m/01sfdb |
| Fontes e ligazóns Descrito pola fonte Enciclopedia soviética armenia, volume 6 pp. 271 New International Encyclopedia "The New International Encyclopædia/Legume (en) |
| Wikidata C:Commons |
Tres tipos de lentellas
Sementes de soia
Denomínase legume (do latín legumen) a un tipo de froito seco, tamén chamado comunmente vaíña, vaxa ou bagullo. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen.
Os legumes constitúen un grupo de alimentos moi homoxéneo, formado polos froitos secos das leguminosas, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do xineceo, dun só carpelo e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira ventral. Estas vaíñas adoitan ser rectas e carnosas. Polo xeral posúen unha carne interior esponxosa, con tacto de veludo e de cor branca. A súa parte interna corresponde ao mesocarpio e ao endocarpio do froito.
O tamaño dos legumes varía dende un milímetro ou pouco máis ata medio metro. A súa forma, aínda que na maioría dos casos é alongada e comprimida, como a dos feixóns ou fabas, varía moitísimo.
Estes froitos pertencen á grande orde das plantas leguminosas (familia Fabaceae, leguminosas de gran). Malia o gran número de especies que compón esta familia, as empregadas para a alimentación humana e do gando é moi baixo.
A parte da planta consumida en alimentación animal e humana varía entre as distintas especies de leguminosas. Na maior parte dos casos, a parte comestible coincide coa utilizada pola planta como almacén de substancias de reserva. A gran variación existente na parte consumida é unha consecuencia da diversidade de estratexias utilizadas polas leguminosas para a súa adaptación aos medios máis diversos.
A Asemblea Xeral da ONU proclamou en 2019 o 10 de febreiro como o Día Mundial dos Legumes (resolución A/RES/73/251) para concienciar a opinión pública sobre os beneficios nutricionais do consumo de legumes. Xa anteriormente declarara o ano 2016 como Ano Internacional dos Legumes (resolución A/RES/68/231) [1].
Vaíñas de chicharos
Os principais legumes consumidos polas persoas como alimento son:
- Ervellas ou chícharos
- Chícharos de raposo ou tremoceiros
- Fabas
- Feixóns
- Faballóns
- Lentellas
- Garavanzos
- Soia
- Cacahuetes
| Alimentos |
|---|
| Pan - Pasta - Queixo - Arroz Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes Receitas de cociña |
| Cociñas rexionais |
| Asia - Europa - CaribeSueste asiático - Latino américaOriente medio - Norte de África - África - GalizaCategoría: Gastronomía |
| Técnicas de preparación rexionais |
| Técnicas - UtensiliosPesos e medidas |
| Vexa tamén: |
| Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias |