(2023) Cantares do Entroido (original) (raw)

Os cantares do Entroido forman parte dun amplo conxunto de producións poéticas conformado polos discursos típicos da crítica social e da sátira popular: sermóns, ferretes, apropósitos, bandos, testamentos de animais, farsas… Trátase dun aspecto senlleiro do Patrimonio Inmaterial, que cómpre rexistrar e interpretar. Neste traballo apreséntase unha ampla recolla de composicións líricas carnavalescas elaboradas e transmitidas de xeración en xeración nos concellos lucenses do Corgo e de Láncara, onde aínda se mantén esta tradición.